Otero segue confinada na Mariña dende o pasado día 5 de xullo, tralo rebrote. A candidata non asistiu a ningún acto electoral durante esta semana, para cumprir as normas sanitarias, como calquera veciña. A xornada de hoxe do reconto electoral vai seguilo dende Burela.