Site icon Crónica3.com A Mariña

A cabeza de lista do BNG votou na Ribeira de Piquín

Exerceu o seu dereito ás 9.30 horas no Chao do Pousadoiro, na Ribeira de Piquín. Olalla Rodi, parlamentaria na última lexislatura, fixo un chamamento á participación. “Sabemos que son unhas eleccións inéditas, nun contexto moi diferente ao que nos gustaría, pero queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade e instar a todas as persoas a exercer o seu dereito fundamental ao voto para decidir o futuro do país”, dixo á saída do colexio electoral, instalado no centro de día da localidade.

Exit mobile version