09:20h. Punto de inicio: Reitoral de San Mamede das Grañas do Sor. Igrexa de Santa María de Mañón. Campo de Mámoas da Coriscada. Necrópole de Penabranca. Garita de Maeda
14:00h. Punto final: Porto de Bares
De novo contaremos con varias persoas expertas en distintos campos que teñen relación co patrimonio etnográfico, cultural, artístico-histórico e natural que se pode atopar ao longo do camiño e ás suas beiras, para seguir adiante neste proceso de recuperación que vai tomando forma pouco a pouco, e que esperamos dé os seus froitos a curto-medio prazo de tal xeito que o Camiño dos Arrieiros volte a ter nova vida, axudando así a que a bisbarra recupere alento con este proxecto de desenvolvemento longo tempo desexado.
Estarán con nós:
– Xosé María López Fernández, Documentalista e Técnico en Xestión Cultural de CULTUREUME SC.
– Antonio Martínez Pernas, Técnico Superior en Xestion e Organización dos Recursos Naturais
– Pepe Riola, investigador etnográfico das serras da Capelada e a Faladora.
– Probablemente, na Igrexa de Santa María de Mañón poderemos escoitar a Clotilde Lemoine, Conservadora-Restauradora de bens culturais.
A xornada é de balde para as persoas asociadas a Nordés e ten un custe de 2€ para aquelas que non o son.
A cantidade recaudada nesta actividade máis 50€ da asociación, serán doados, neste caso, ao Banco de Alimentos de Lugo. Este acto encádrase nunha decisión da asociación, consciente da complicada situación social na que nos atopamos, que se prolongará nas seguintes actividades.
IMPORTANTE: A asistencia está limitada a 25 persoas que terán que empregar os seus vehículos particulares para desprazarse.
Durante a actividade deberán seguirse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19: empregar máscara, manter as distancias de seguridade interpersoal, etc.
Para anotarse: En asociacion.nordes@gmail.com indicando o teu nome das persoas que van asistir. Chamando ao 653756454 (Ricardo).