Site icon Crónica3.com A Mariña

Walter Lage, autor de “A Mariña sálvase loitando” en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz: “Necesitábamos un himno pero xa o tiñamos en cada protesta, eu só puxen uns acordes”

 A Mariña, 13 de xuño, 2020. O autor do himno da loita polo traballo en Alcoa estivo este venres en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. O focense Walter Lage Castro ademais de traballador da factoría dende hai décadas, é músico. Estes días de loita pensaron en xuntar todas as consignas que se corean nas mobilizacións e darlles corpo con base de rock para dar a luz este rock de combate que é xa o himno da causa. O video recolle intres das xornadas de protesta.
Walter apela ao rock clásico dos Suaves ou os Clash parar canalizar a enerxía que desprenden na loita todos os traballadorxes e veciñxs que defenden o seu traballo, a súa economía e tamén a súa dignidade.
A Mariña sálvase loitando! Rock de combate, a loita continúa.
Escoita aquí a conversa

https://www.ivoox.com/52020131

Exit mobile version