Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares: “A falta de compromiso deste goberno coa Mariña segue a ser evidente tras unha reunión decepcionante na que non se presentou ningunha solución válida por escrito para garantir a viabilidade da fábrica”

 Cervo, 24 de xuño, 2020. O rexedor cervense, Alfonso Villares, calificou de “decepcionante” a reunión mantida este martes por videoconferencia para abordar a situación de Alcoa “na que temos lamentar a ausencia da Ministra de Industria ou da titular de Transición Ecolóxica, o que evidencia unha vez máis a falta de compromiso deste Goberno coa Mariña.
Villares precisou que o Estado só se dedicou a vender fume a través dun powerpoint, sen concretar nada, sen poñer sobre a mesa ningunha solución válida para garantir a viabilidade da fábrica de aluminio “seguimos sen novas dese estatuto que levamos demandando todos os mariñáns desde fai 2 anos, capitaneados polo Comité de Empresa”, subliñou.
A reunión -engade- foi unha exposición de “meras instencións” por parte do Goberno, e o tempo corre na nosa contra sen que materialicen esas promesas que nos levan tanto tempo facendo a todos os mariñáns e que son papel mollado.
O rexedor recorda que nos faltan eses 70 millóns anuais que sempre viñan para A Mariña, e apunta que esta empresa leva 40 anos -sendo pública ou privada- recibindo unha axuda por parte do Goberno do Estado para minimizar o prezo da enerxía, gobernase quen gobernase, un diñeiro que é da Mariña e para A Mariña, que agora nos quitaron, e que se traduce en centos e centos de salarios que son o sustento de moitas familias da nosa bisbarra.

Exit mobile version