Segundo o anterior, e para preservalos dereitos dos usuarios e non lesionar os seus intereses, o noso Concello resolve o seguinte:
PRIMEIRO.- En relación coa prestación do servizo de ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE, por mor da non existencia de feito impoñible susceptible de ser gravado co correspondente prezo regulado no Artigo 3 do pertinente Acordo Regulador, procede a devolución por importe correspondente a media mensualidade do prezo aboado pola prestación dos servizos durante o mes de marzo de: ioga, ximnasia de mantemento, pilates, aerobic e outras similares, bordado á man e encaixe de bolillos. Asimesmo, e con respecto aos meses seguintes, non procede liquidar o prezo público ata o comenzo da prestación dos respectivos servizos.
SEGUNDO.- En relación coa prestación do servizo de ESCOLA INFANTIL, por mor da non existencia de feito impoñible susceptible de ser gravado coa correspondente taxa regulada no Artigo 2 da pertinente Ordenanza Fiscal, procede a devolución por importe correspondente a media mensualidade da tarifa aboada pola prestación do servizo durante o mes de marzo. Asimesmo, e con respecto aos meses seguintes, non procede liquidar a taxa en tanto en canto non se reinicie a actividade educativa desenvolvida pola Escola Infantil.
TERCEIRO.- En relación coa prestación do servizo de XIMNASIA RÍTMICA, por mor da non existencia de feito impoñible susceptible de ser gravado co correspondente prezo regulado no Artigo 2 do pertinente Acordo Regulador, procede a devolución por importe correspondente a 3 mensualidades e media do prezo aboado en concepto de matrícula durante o exercicio 2019.
CUARTO.- En relación coa prestación do servizo de PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS ANEXAS, por mor da non existencia de feito impoñible susceptible de ser gravado coa correspondente taxa regulada no Artigo 2 da pertinente Ordenanza Fiscal, procede actuar da seguinte forma:
-Cotas de socio anual: procederase á devolución do importe correspondente desde o 14 de marzo e ata o momento da nova apertura ao público da instalación, ben da piscina ou ben do ximnasio, a razón de 7,5 euros por mes completo, tal e como establece o artigo 7 da Ordenanza Fiscal regulamentadora.
-Cotas de socio mensual: o dereito ao uso das instalacións trasladarase a meses posteriores en función do importe das mensualidades aboadas.
-Abonados con bonos de 15 usos: permítese o seu uso ata que o bono se agote eliminándose así para esta situación en particular a caducidade anual destes bonos.
-Cotas de abonado mensual: o dereito ao uso das instalación trasladarase a meses posteriores en función do importe das mensualidades aboadas.
-Cursos da Escola Municipal de Natación que estaban a realizarse no bimestre marzo-abril: ofrecerase a continuación do cursiño noutra data que será comunidada con antelación suficiente, procedendo con respecto a aqueles usuarios que tivesen aboada a tarifa do bimestre e que renuncien ao remate do curso, á devolución do importe correspondente segundo establece o artigo 7 da Ordenanza Fiscal Regulamentadora. Caso de usuarios que non tivesen efectuado o pago e renunciasen a completar o cursiño, deberán aboar o importe correspondente aos servizos prestados ata o 14 de marzo.
-Cursos para colectivos: para a liquidación da correspondente taxa tomarase en consideración, en canto ao mes de marzo, a prestación do servizo durante medio mes.
QUINTO.- Instar aos servizos do Concello encargados da xestión das respectivas taxas e prezos a que se refire o presente Decreto, a tomar as medidas oportunas para dar cumprimento ao mesmo así como a redactar os informes que procedan para que pola Tesourería Municipal se poda proceder á devolución das contías ingresadas polos suxeitos pasivos ou obrigados ao pago.
O Decreto de Alcaldía (DECRETO 2020-0303) citado nesta nota de prensa pódese consultar íntegro na Sede Electrónica do Concello, no Taboleiro de anuncios.