Site icon Crónica3.com A Mariña

Susana López Abella e o PP de Burela reúnense coas asociacións cultural Batuko Tabanka e de Redeiras

 Burela, 11 de xuño de 2020. Este mércores estivo en Burela a responsable de igualdade do PPdeG, Susana López Abella, onde acompañada polos membros do PP local, o voceiro Manuel Rouco, a concelleira Ana Álvarez e Félix Martins, se reuniu coa asociación cultural caboverdiana Batuko Tabanka e coas profesionais do mundo do mar, As Redeiras de Burela; a única asociación de toda A Mariña do seu sector.

Esta visita enmárcase dentro da liña de actuación que seguen os populares, centrada na escoita continua das necesidades das asociacións burelesas non resoltas pola administración local. Susana López, manifestou o seu “firme compromiso de dar unha pronta resposta as necesidades plantexadas por estas asociacións tan importantes e necesarias para Burela”.

As peticións destas xenuínas asociacións estiveron centradas, basicamente, “en cuestións destinadas ao desenvolvemento e mantemento da súa actividade diaria, algo que sen dúbida é de xustiza”, tal e como recoñeceu a concelleira dos populares, Ana Álvarez.

“Dende o PP estamos convencidos de que poderemos dar resposta, a corto e medio prazo, a practicamente tódalas solicitudes que se nos fixeron nestas reunións, tal e como vimos facendo dende hai uns dous anos coas case que corenta asociacións da Vila coas que nos temos reunido ata o de agora”, comenta o voceiro popular, Manuel Rouco. E conclúe, “este é sen dúbida o noso maior aval”.

Exit mobile version