Centos de traballadorxs e veciñxs participaron na segunda xornada de protesta deste martes en San Cibrao, nun percorrido ciruclar. A loita continúa mentres non se ofreza unha solución á fábrica de Alcoa. Ben sexa da man da multinacional americana ou cun novo propietario, o grupo Alibérico quen amosou interese por facerse coa factoría, ou intervida polo estado.