Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE e BNG de Foz negan un plan de reactivacion do tecido empresarial, denuncia o PP

 Foz, 5 de xuño de 2020. Inconcibiblemente no pasado pleno ordinario do mes de maio; que por certo tívose que realizar na sala Bahía porque ser incapaces de facelo telemáticamente, o goberno local tombou o plan de reactivación económica presentado polo Partido Popular no que se pretendía dotar con 500.000 euros unha partida para axudas a pymes e autónomos focenses afectados pola crise do covid19.

O bipartito focense sigue a liña negacionista do goberno da Deputación de Lugo que tamén se opuxo a un plan provincial de reactivación fai unha semana e deixan ao tecido económico focense sen axudas e en desigualdade con afectados de outros Concellos que si decidiron axudarlles entre eles algún gobernado polos socialistas coma Viveiro ou Monforte.

Psoe e Bng tamén rexeitaron a creación dunha comisión de traballo na que estivesen representados os empresarios mostrando a falta de talante e de dialogo deste goberno e que está marcando o seu primeiro ano á fronte do Concello de Foz, tratando de illar á oposición á que negou reiteradamente a proposta de reunirse nos primeiros días do estado de alarma, algo que tanto PP coma FPF lle recriminaron no propio pleno e que o Bng incluso recoñeceu.

A pasividade e parsimonia deste goberno, estase a converter nun lastre para a recuperación económica do Concello de Foz, que apenas comprou material de protección e so a petición do Partido Popular eliminou as taxas de servizos non realizados coa que por suposto estamos de acordo pero que cremos insuficiente.

A liña da nova realidade política focense, é ter un goberno unicamente preocupado en facerlle oposición á Xunta e ao presidente Feijoo con cartas desafiantes e desplantes a Conselleiras rompendo con elo os bos lazos institucionais creados na etapa do anterior goberno popular e o que é máis grave, deixando de lado os verdadeiros intereses dos veciños de Foz como demostrou onte votando en contra do plan de axudas para a reactivación económica presentado polo PP

Exit mobile version