Site icon Crónica3.com A Mariña

Pontón: “Se eu hoxe fose presidenta da Xunta, o Goberno do Estado tería na mesa unha proposta de nacionalización para salvar Alcoa”

 Santiago de Compostela, 18 de Xuño 2020. A portavoz nacional, Ana Pontón, salientou que a situación extrema na que está ALCOA non se resolve desde o lamento, ni botando balóns fora, posición na que se sitúa o candidato do PP, senón poñendo alternativas viables para salvar o emprego e a produción da factoría de San Cibrao.

“Teño moi claro que se que se eu hoxe fose presidenta da Xunta o Goberno do Estado tería sobre a mesa unha proposta para nacionalizar ALCOA co participación pública da Xunta, acompañada da proposta dunha tarifa eléctrica galega para acabar co espolio enerxético do país e co dislate de ter miles de empregos en xogo polos custes enerxéticos cando producimos electricidade a esgalla”, salientou.

“O que non vale é o que está facendo o candidato do PP que simplemente se queda no laio, no lamento e na queixa, cando se necesita unha resposta contundente por parte da Xunta á hora de defender o emprego en ALCOA”, criticou, nun exemplo máis da actitude “escapista” de Feixóo que bota balóns fora cando hai problemas. “Reitero que se eu fose presidenta de Galiza hoxe o Goberno do Estado tería unha proposta de intervención pública encima da mesa, con participación da Xunta para salvar o emprego en ALCOA-San Cibrao e salvar a comarca da Mariña”.

Pontón subliñou que o despido de 534 traballadores previsto para este 25 de xuño “é a antesala do peche”, e que ese despedimento masivo é posible “grazas a contrarreforma laboral do PP que o Goberno PSOE-Podemos non foi quen de derrogar”, ademais de indicar que o problema de ALCOA non xurdiu onte senón que leva anos asomando a cabeza, e agravado desde que o Goberno de Feixó aprobou un marco enerxético que supón a ruína do sector industrial do país.

Exit mobile version