Patricia Otero criticou duramente o posicionamento do Goberno de Feijóo sobre o destino dos 2.000 millóns de euros a fondo perdido ás comunidades co fin de que poidan facer fronte á reapertura dos centros educativos tralo COVID, que ofreceu o Goberno de Pedro Sánchez. “Quero lembrar que Feijóo foi ou único Presidente Autonómico que demandou liberdade para destinar esa partida educativa a outros fins. Aquí esta a aposta do PP polo ensino na nosa Comunidade e na nosa provincia, Feijóo queda retratado con este modelo de recortes e retroceso”, advertiu.
Aumento das becas
Pola contra puxo en valor “o aumento no número de becas, impulsada polo Goberno de Pedro Sánchez, que servirá como escudo compensador ante as consecuencias da COVID-19, e serán compatibles co Ingreso Mínimo Vital, reforzando así a equidade básica. O gasto público total en becas para o próximo curso 2020-21 será en torno aos 2.550 millóns de euros, sumando tanto a convocatoria estatal de becas como o gasto autonómico. Son dous modelos completamente distintos, para o PSOE a educación ó piar fundamental do noso estado e da nosa sociedade”.
Luis Álvarez advertiu ademais “os sete anos de vixencia do modelo do PP de Wert supuxeron un recorte de 1.500 millóns de euros e 1.400 docentes menos, evidenciando, unha vez máis, que a dereita defende unha educación cun claro sesgo clasista e segregador en todos os niveis. E agora comprobamos que a senda de Feijóo segue por ese camiño, recortes no ensino público galego”.
Nesa liña preguntouse “con que medidas van abrir os colexios da provincia de Lugo, cando o Goberno de Feijóo non quere investir os 2.000 millóns que propón o Executivo Central?. En que pensa investilos si a Educación para o PP non é unha prioridade?”, resumiu Álvarez.