O Goberno galego a través de Aprol Rural permitirá crear máis dun cento de empregos na provincia e distribuír 1,3M€ en axudas para que os concellos contraten a persoal encargado de limpezas forestais. Ademais dáse a circunstancia de que todos os concellos solicitantes reciben o apoio da Xunta, como mínimo, para realizar unha contratación.
Os criterios de reparto destas axudas son obxectivos e calquera pode consultalos desde o mesmo momento da convocatoria das axudas que se publica no Diario Oficial de Galicia. En concreto, a Xunta prima, por este orde de preferencia, os concellos fusionados, aqueles que forman parte do programa autonómico de Municipios Emprendedores (Doing Business) e, reciben axuda preferentemente e ata esgotar o orzamento dispoñible, aqueles que teñen maior superficie forestal conforme o establecido no inventario forestal nacional.
O PP lamenta que a secretaria xeral do PSOE en Lugo, Patricia Otero, que sempre demostra estar tan desinformada e ter tan pouco coñecemento da realidade da provincia, obrigue a un grupo de alcaldes socialistas. Segundo o PP hai un dato indiscutible que desmonta toda a crítica do PSOE. Entre os concellos máis beneficiados polo programa Aprol Rural da Xunta está Monforte de Lemos, municipio gobernado polo PSOE e que no que a Xunta achega 55.000 euros (a contía máxima) para realizar 4 contratacións. Recibe estas axudas non en función dunha decisión discrecional da Xunta, senón porque forma parte do programa autonómico de municipios emprendedores que é o que máis valorar as bases destas axudas.
“A protesta instigada pola secretaria xeral do PSOE en Lugo, Patricia Otero, non pode secundala o alcalde de Monforte e o presidente da Deputación, el sabe que non ten fundamento. Por iso fuxe de facerse unha foto coa que directamente esta dirixente socialista e os que a acompañan fan o ridículo”.