Castiñeira recorda o inmobilismo do goberno local que a pesares da súa folgada maioría aínda non aprobou os orzamentos do 2020 e sigue cos orzamentos prorrogados que aprobaron PP e FPF e que socialistas e nacionalistas botaron en contra pero que afortunadamente si contiñan unha partida de emerxencia social a pesares de non existir a pandemia que agora nos azouta.
Creemos que esta pequena modificación que o goberno propón da ordenanza para pasar o tope anual máximo de 600 a 1000 euros aparte de ser insuficiente é resultado do cargo de conciencia do goberno local por votar en contra do Plan Poscovid de axudas proposto polo PP no pleno pasado de 500.000 €.
Por outro lado o Partido Popular de Foz presenta dúas mocións nas que solicitan en primeiro lugar a reparación das estradas municipais paralelas á vía do tren en Cangas e Nois, posto que son as que peor están nestes momentos despois de que o anterior goberno popular arranxase a maioría das vías principais destas parroquias nos últimos anos a cargo dos orzamentos municipais e de diversos planes con pactados con Xunta e Deputación.
E en segundo Lugar os populares focenses solicitamos que Costas retome o dragado solicitado polo anterior goberno do canal de desembocadura do río Ouro que está estrangulado por bancos de area a ambos lados e é unha demanda da propia asociación de veciños presidida por Raul Rio que innumerables veces denuciou a perigosidade desta situación poñendo de exemplo a ola xigante en xaneiro do 2018.
Ao remate, o partido popular usando o seu turno de rogos, debido as queixas que presentan os veciños pedirá ao bipartito o arranxo das innumerables fochancas no núcleo urbano e o repintado de pasos de cebra, a mellora da iluminación do parque do campo da cabana e que se reclame a feve o rozado de zonas da súa propiedade.