Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz dununcia que a promesa electoral do bipartito de municipalizar a auga retrasa o proceso de contratación e causa perdas as arcas municipais

 Lugo, a 12 de xuño de 2020. O Anterior goberno popular iniciou o proceso de contratación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración dado que o compromiso coa actual concesionaria rematou en decembro de 2017.
Para elo contratou unha consultora con experiencia na materia como é Eptysa para facer unha auditoría e estudar a viabilidade do servizo e ditaminar cal das dúas opcións, se municipalizar ou seguir coa concesión era a máis beneficiosa..
En xuño do 2018 co voto de PP e FPF e cos informes da consultora decídese inicar o proceso de contratación de unha nova concesión e encárganselle os pregos novamente a Eptysa.

Despois do cambio de goberno ninguén sabe nada do proceso que segue paralizado polo bipartito, partidario no seu día de MUNICIPALIZAR o ciclo da auga.

Mentres tanto e despois de levar un ano gobernando segimos esperando se o Bipartito decide contradicirse de novo como supoñemos e aposta pola externalización e seguir co proceso iniciado polo PP; polo que os pregos necesitarán unha actualización co conseguinte sobrecoste e perda de tempo, ou se aposta pola Municipalización.

En todo caso a débeda con Gestagua incrementouse este ano por non facer nada e pola contra deixamos de percibir os 500.000 euros establecidos como canon para 2019 e 2020 que se percibirían da nova concesionaria e que se incluíron no Plan económico financeiro.

Pero a peor situación é na que estamos agora, sen facer nada seguimos en situación irregular seguiremos acumulando débeda por non actualizar as taxas que o Partido Popular levou a pleno innumerables veces e nada da municipalización prometida que rescataría o servizo.

Sinceramente creemos que o motivo do retraso é o dilema no que se meteron Psoe e Bng prometendo unha municipalización nas eleccións que agora creen inviable e a vergoña que ese cambio produciría nos seus votantes ten máis peso que resolver o problema en sí que esta causando a perda de novos ingresos e o aumento da débeda con Gestagua.

Finalmente, Ofrecémonos unha vez máis para colaborar neste asunto e pedímoslle ao Alcalde que convoque a xunta de portavoces para resolver o tema e retomar o traballo rigoroso feito polo anterior goberno popular e que eles votaron ao traste pola súa perigosa costume de dicir unha cousa na oposición e facer outra no goberno.

Exit mobile version