Ante o anuncio por parte de Alcoa en San Cibrao o pasado xoves 28 de maio relacionado co peche da parte de Aluminio, que afectaría a máis de 800 persoas entre Alcoa e auxiliares segundo datos sindicais, o BNG propuxo a adopción dos seguintes acordos:
Instar ao goberno do Estado a nacionalizar ALCOA para evitar o seu peche e manter a produción e o emprego, a nacionalización de empresas é algo que están facendo os países do entorno europeo como Italia, -precisamente no sector de aluminio-, ou Alemaña onde, coa chanceler Angela Merkel á fronte, nacionalizouse de facto nada menos que a compañía aérea Lutthansa.
Reúne todos os requisitos desde o punto de vista legal, porque conta co amparo do Estatuto de Autonomía, do marco constitucional e tamén da normativa europea, polo que “estamos falando dunha cuestión de vontade política para manter viva unha comarca”.
Mudar o marco enerxético tendo en conta que Galiza é produtora neta de electricidade, poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega cun estatus especial para as industrias electrointensivas.
Dirixirse ao Goberno Central é á Xunta de Galiza para solicitar a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a factoría de San Cibrao e recupere o 100% da actividade, evitando a destrucción de postos de traballo directos e tamén das auxiliares.
Expresar o apoio unánime da corporación do Concello de Viveiro a todas as traballadoras e traballadores de Alcoa San Cibrao e das empresas auxilaires, nestes momentos tan difíciles.
Míriam Bermúdez, pregúntase “a que xogan” o Gobernoo do PP na Xunta e o do PSOE no Estado, “teñen que deixar de botar balóns fóra cando máis de 20.000 persoas se manifestaron polas rúas de Viveiro exixindo solucións.” E di que “unha operación de compra-venda privada co actual marco enerxético xa vemos que non está resultando na antiga factoría de ALCOA na Coruña. É precisa a intervención pública para a súa nacionalización de facto.”
O resultado no pleno contou cos votos favorábeis de todos menos do PP, que obtou pola abstención ao crer que o Presidente da Xunta non ten competencias.