Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro mantén pechada a piscina municipal para preservar a saúde da veciñanza e á espera de que cambien as medidas impostas para este tipo de instalacións

 Viveiro, 18 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que, polo momento, a piscina municipal permanecerá pechada.
Esta decisión adoptouse tendo en conta as especiais características das súas instalacións e atendendo as medidas específicas que as autoridades competentes esixen para a súa apertura polo que, non sendo posible garantir o seu cumprimento, manterase nesta situación para preservar a seguridade e saúde pública.
Nestas circunstancias, estase aproveitando para facer labores de mantemento, atendendo, ademais, ás necesidades específicas que estas instalacións requiren polo feito de levar un longo período de tempo pechadas, o que motivou, entre outras cuestións, que fose necesario proceder ao baleirado da auga da piscina.

Exit mobile version