Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa que o período de pago voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica será do 3 de xuño ao 3 de agosto. No caso dos recibos domiciliados, serán remitidos para o seu cobro o día 10 de xuño de 2020.

Cómpre indicar, finalmente, que este imposto se viña cobrando habitualmente entre os meses de abril e maio e que este ano, como consecuencia da pandemia do Covid-19 e do estado de alarma, se decidiu pospoñer a súa liquidación ata este momento, como medida de flexibilidade para a protección familiar e empresarial.

Exit mobile version