As concelleiras de Muller e Igualdade, Cooperación e Inmigración, Noelia Mª Ben, Servizos Sociais, Carmela López, e Conchi Pernas, técnico municipal encargada do seguimento das familias destinatarias, recolleron no IES Perdouro a doazón. Carmela López explica que “se trata de produtos de primeira necesidade destinados a 20 familias en risco de exclusión social e con nenos de 0 a 3 anos. Elas recibirán eses packs conseguidos polos rapaces e rapazas que forman parte deste gran proxecto. Sentímonos moi orgullosas de todos eles e queremos darlles as grazas publicamente”.
A edil de Servizos Sociais engadiu que “como agradecemento e agasallo, quixemos doarlles nós a eles 60 mascarillas de tea de cores, que foron feitas no taller solidario que tivo lugar nos meses de abril e maio por parte das costureiras do noso pobo”.