Lugo, 17 de xuño, 2020. A maior proba é que non esperaron a unha mesa multilateral convocada para o día 23 de xuño e ráchana anunciando oficialmente o inicio do proceso do ERE antes de que remate a reunión sen tan sequera ter asinado o recibín o comité.
Desde o Comité de empresa seguen crendo de que a única saída é a implicación das administracións e a loita na rúa.
Lembran que a vindeira mobilización é en Barreiros e Landrove ás 10 para se desprazar ao lugar que se anunciará nese momento.