Burela, 22 de xuño, 2020. Milleiros de persoas, máis de 15.000, percorreron Burela en defensa da comarca. Os sindicatos convocaron esta manifestación co lema de Polo futuro para A Mariña. Pediuse a intervención de Alcoa e aprobación do estatuto de electrointensivas. Este martes celébrase por videoconferencia unha nova xuntanza da mesa multilateral, co Ministerio, Xunta, empresa e sindicatos. O xoves o comité convoca unha concentración diante do goberno civil ás 12h. O domingo haberá marcha ata a capital da provinicia.
A Mariña sálvase loitando!