Suárez Barcia dixo: “finalmente recibimos esta noticia cun sentimento un tanto agridoce porque todos esperabamos que xa este vindeiro luns puideramos cruzar a ría, puiderámonos ver uns aos outros, puideramos mercar aquí ou alí, puideramos facer todas as actividades que historicamente levamos facendo”.
O alcalde ribadense lembrou que “nós, desde o Concello de Ribadeo, puxemos todo pola nosa parte para que desde o Goberno do Estado, aplicando as normativas que estaban no BOE, puideran o Principado e a Xunta pedir conxuntamente a mobilidade entre Asturias e Galicia. Pero finalmente aínda estando de acordo no fondo non se puxeron de acordo na forma e desde o Concello non podemos facer outra cousa mais que dicir que o sentimento doce desta situación é que realmente so queda unha semana. É dicir se non pode ser este luns que ven será o seguinte. Polo tanto haberá que esperar unha semaniña máis para poder ir á Veiga, ir a Taramundi, ir a Tapia ou ir a Navia e que eles poidan vir a Ribadeo ou que poidan vir á Mariña de Lugo tamén”.