A Mariña, 6 de xuño, 2020. O deputado do BNG no Congreso, o mariñán Néstor Rego, falou de Alcoa este venres en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz.
Explicou que a proposta feita de nacionalización ten perfecto encaixe legal, de feito entende que nunca debiu de ser privatizada.
Rego tamén apuntou a unha tarifa galega para crear as condicións enerxéticas acaídas para este tipo de empresas.
O nacionalista fará valer o seu apoio ao executivo central sempre e cando se movan as fichas necesarias para garantir os postos de traballo, incluídos os das auxiliares.
Fóra de Alcoa, Rego falou tamén da chegada a Galicia, sobre todo á costa, de persoas de comunidades con outras fases da desescalada.
Escoita aquí completa a entrevista
https://www.ivoox.com/51802521