Ademais, substituiuse o rego asfáltico por aglomerado en quente, dotándoa tamén de cunetas, perfiladas por un lateral e de formigón polo outro. Por último, procedeuse ao pintado da mesma.
Esta obra estaba incluída no PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2019-2020, e contou cun presuposto de 91.032,89 €uros, dos cales 50.160 € foron aportados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o resto polo propio Concello.