José A. Zan, pdte do comité, explicou á saída que a empresa non se abre a buscar solucións nen sabendo que o goberno central e a Xunta apostan por un marco enerxético favorable que palíe o déficit de custe do aluminio na pranta mariñá.
Zan ve na empresa unha posición inflexible mesmo cara a favorecer a entrada de novos inversores. Alcoa traía á xuntanza un informe de sobreprodución que pouco ten que ver coas cifras a nivel estatal, onde só se produce un 20% do aluminio consumido.
Tampouco satisface aos traballadores que a multinacional non de oficialidade á mesa multilateral para tratar entre todas as partes implicadas as posibles solucións.
A vindeira semana haberá unha nova xuntanza, se acaso a derradeira, mais a postura de Alcoa é firme.
Non come nen deixa comer. O cronómetro segue a súa conta atrás. “A loita segue”, asegurou o presidente do comité