“A provincia de Lugo viu como nos últimos anos se perderon liñas e se pecharon estacións, ademais, en pleno 2020 seguimos tendo unha vía do século XIX, que aínda segue sen electrificar”, declarou Olalla Rodil.
A candidata do BNG comprometeu “a creación do GALTREN, un ente ferroviario público que apostará e impulsará o transporte de proximidade na Galiza, a partir do 12 de xullo, con Ana Pontón á fronte da Xunta de Galiza”. “Precisamos comunicarnos, vertebrar o País e cohesionar o territorio galego”, dixo Olalla Rodil que valorou o tren como un elemento chave para unha mobilidade sustentable”
“O GALTREN está chamado a ser o tren de referencia na Galiza nas conexións entre vilas e cidades, ao tratarse dunha dirección operativa única para o territorio galego superará a fragmentación entre as estruturas RENFE e FEVE”, explicou Olalla Rodil. “Trátase dunha proposta de servizo público para todas as galegas e galegos”, sentenciou Olalla Rodil.