Toñi Eijo contou que “imos facer unha alfombra, na praza do Concello, que farán dez persoas con EPIS, dedicada ao mar. Empezarán o sábado, ás nove e media, a facer a alfombra que terá dez metros de largo por cinco de ancho. A ver se o tempo nos permite deixala exposta do sábado para o domingo. O domingo haberá unha misa na igrexa parroquial, ás doce e media, e acto seguido baixaremos a Virxe do Carme ao barco museo sobre a unha e cuarto, alí váiselle cantar a salve dedicada á xente de Burela, pero sobre todo aos mariñeiros. Despois tiraranse uns fogos. E o martes, día 9, farase a ofrenda floral como todos os anos, as flores que se van tirar ao mar en recordo á xente que morreu nel. O sábado e o domingo haberá ademais pasarrúas con Dambara”.
A presidenta da comisión de festas e concelleira burelesa engadiu que “isto é o que podemos facer debido ao Covid-19. Nós miramos pola saúde, que é o máis importante obviamente, pero tamén queríamos recordar un pouco as festas sen comprometer a ninguén nin que se collan contaxios. Esperemos que a xente non se nos aglomere, que non haxa ningún problema e que non teña que actuar a Policía Local”.