Xove, 31 de maio, 2020. O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, era entrevistado este venres en Voces de Lugo e A Mariña de RadioVoz. O rexedor insistiu na urxencia de aprobar o estatuto de electrointensivas. Non eludiu ver con bos ollos outras fórmulas para salvar a fábrica de Alcoa, como a súa nacionalización.
Salgueiro incidiu en que non é momento de reproches, senón de solucións.
Agárrase a unha saída de última hora na marxe das 3 semanas dadas pola multinacional tras este intervalo de consultas, e confía en que a situación poida ser reversible.
Escoita aquí completa a entrevista.
https://www.ivoox.com/51602822