Site icon Crónica3.com A Mariña

CCA Burela pecha a campaña Xogando Xuntos moi satisfeitos dos resultados e agradecendo a fidelidade dos seus clientes

 Burela, 27 de xuño, 2020. O Centro Comercial Aberto de Burela entregou os premios da campaña de XOGANDO XUNTOS por seguir as redes sociais da asociación e participar nos retos que se lles foron propoñendo.
O Centro Comercial Aberto de Burela comezou o luns 27 de abril a campaña Xogando Xuntos coa que quiso dinamizar o comercio local desde as redes sociais e preparar a volta á normalidade tras o desconfinamento. A asociación de comerciantes indica que algo que deixou a corentena é que existe moita creatividade, e aproveitaron este momento para impulsar o comercio de proximidade. O comercio local de Burela ten unha elevada calidade dos seus produtos, por isto quiseron facer un agasallo de calidade mentres durou o estado de alarma e, máis alá, xa que aumentaron a campaña ata o día 18 de xuño con duas acción en torno AS FESTAS PATRONAIS DE BURELA. “O comercio é o motor da localidade e as persoas que viven aquí sábeno ben, por iso premiamos aos nosos clientes có mellor que temos: os nosos produtos” indican desde a asociación.
Desde CCA Burela queren dar a noraboa ás premidas e agradecer a todas as persoas que participaron nesta campaña porque grazas á súa aportación seguen medrando xuntos.

Exit mobile version