Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros mellorou o resultado orzamentario no exercicio 2019 en 150.000€

 Barreiros, 17 de xuño de 2020. O Concello de Barreiros celebrou o pasado luns una Comisión de Contas para someter a informe a Conta Xeral do ano 2019.
Con respecto ao resultado do ano 2019, a alcaldesa sinala que “a pesar de que o resultado é aínda negativo, o control de gasto que se implantou desde xuño de 2019 supuxo que o resultado anual mellorara con respecto ao 2018 en 150.000€.”
O propio informe da secretaría-intervención municipal que acompaña a conta xeral sinala que “está claro que o orzamento do ano 2019 estaba xa practicamente agotado o 29 de maio de 2019” e insiste en que “dende o mes de maio se produciu unha disminución importante do gasto, sobre todo do gasto corrente, xa que existe un control a través de retencións de crédito, que antes non existía.”
Ana Ermida explica que “ese control de gasto que se fixo para evitar despilfarros e gastos innecesarios supuxo mellorar os resultados con respecto ao 2018 en 150.000€, a pesar do descontrol de gasto do primeiro semestre do ano que tivo que ser corrixido polo novo goberno.”
Ademais do resultado do 2019, a alcaldesa asegura que “fronte ás facturas pendentes de pago por importe de máis de 1.010.000€ que atopamos hai xusto un ano ao entrar no goberno, neste momento estanse pagando as facturas dentro do mes de presentación e quedan pendentes de aprobar facturas do 2019 por importe de 322.000€.”
A alcaldesa sinala que esa redución do gasto se fixo priorizando necesidades e traballando como debe facelo calquera administración pública: contrastando orzamentos e adecuando os gastos ás necesidades reais do municipio.
Tras o trámite da comisión de contas, o documento someterase a exposición pública durante os vindeiros 15 días, podendo presentarse alegacións ao mesmo durante eses 15 días e 8 máis, para despois ser debatida e aprobada en pleno e enviada aos órganos de control económico.

Exit mobile version