Viveiro, 15 de xuño, 2020. “As casas de Celeiro” é un proxecto de exposición realizado en 2017 e dixitalizado 2020, actividade on line. Grazas a un arquivo atopado sobre un estudio urbanístico ou similar de Celeiro de hai medio século aproximadamente.
É o rostro das súas construccións, axuda a ver unha perspectiva histórica que amosa como era e como mudou no tempo.
Vemos a arquitectura , da pesca a do mundo nunha vila mariñeira. Atopamos un cambio radical en moitos casos, observamos moitas edificacións tradicionais pero tamén unha arquitectura racionalista de postguerra. Mágoa que neste estudo non están os barrios recén creados de O Chao e Atalaia.
O que é único deste lote é que vemos casa a casa, recordos de moitos e memoria viva.
Este proxecto desenrolado por A. Lage-Seara é para dar a coñecer un Celeiro pasado, agradécese usar e divulgar as imaxes libremente para queden na memoria dun pobo.
