Madrid, 16 de xuño, 2020. O deputado do BNG, Néstor Rego, anunciou a súa volta a Galiza para celebrar este venres 19 de xuño un acto en Viveiro, acompañado de Olalla Rodil, Dani Castro e Míriam Bermúdez, con motivo da delicada situación social e eco-nómica que está a acontecer na comarca natal do deputado coa posibilidade do peche de Alcoa San Cibrao.
Este será o primeiro acto no que estea presente Néstor Rego despois de que o deputa-do se confinase durante máis de tres meses en Madrid por responsabilidade e cohe-rencia coa situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir.
A grave situación pola que están a pasar os case mil traballadores e traballadoras afec-tadas directa e indirectamente co posíbel peche da factoría de Aluminio e o desenten-demento por parte do Goberno da Xunta de Galiza, foi o motivo polo que Rego escolle-ra este emprazamento como o primeiro acto político ao que asistir en Galiza despois de ter presentado a semana pasada no Congreso a Proposición non de Lei para a súa na-cionalización e así salvar os postos de traballo e a comarca da Mariña.