A Administración autonómica destina 324.000 euros a cooperar cos municipios para contratar aos profesionais que exercerán labores de vixilancia e salvamento en praias, piscinas e áreas fluviais luguesas na tempada estival.
A Xunta atendeu as solicitudes de todos os concellos que pediron financiamento para contratar socorristas a través deste programa, que se enmarca na liña de cooperación administrativa entre o Goberno galego e as administracións locais.
Con esta medida foméntase a contratación de persoas sen emprego co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que contribúan a apoiar a súa inserción laboral, ao tempo que se reforzan servizos de interese xeral para os municipios.