A Mariña, 11 de xuño, 2020. En clave de rock e con imaxes da loita que os traballadorxs e veciñxs están a ofrecer para evitar o peche de Alcoa. Así é o vídeo que se fixo viral e que xa se converte no himno da causa. A canción composta por Walter Lage Castro, xunta no seu estribillo as consignas e reclamacións que se escoitan estes días polas rúas e estradas da comarca, para rematar cun “onde está o estatuto, o estatudo onde está”. Un éxito saído da unión de toda unha sociedade en defensa da súa riqueza. “A Mariña sálvase loitando”, Abofé!!
Podes ver no seguinte enlace o vídeo da canción
https://www.facebook.com/groups/1188212138213516/permalink/1198335253867871/