Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó enfermo mental “A Mariña” entra na nova normalidade continuando cos controis sanitarios grazas á asociación “Terra-Mar” que doou todo tipo de material sanitario

 Burela, 15 de xuño, 2020. Dende o pasado 11 de marzo, dada a alerta sanitaria existente e aínda antes da declaración do estado de alarma, a asociación A Mariña comezou a extremar as súas precaucións fronte ao COVID-19. Ademáis días antes comezamos a medir as constantes vitais 3 veces ó día dos usuarios da Unidade Residencial , do piso protexido e da vivenda de mulleres víctimas de violencia de xénero con enfermidade mental ao igual que as de traballadores.
Nesta labor tivemos a colaboración da Asociación de San Ciprián Terra-Mar , quen nos donou oxímetros, tensiómetros e termómetros de infrarroxos para poder reducir en tempo tales medicións; así como uniformes para tódolos técnicos.
Hoxe comezamos a “nova normalidade” pero para nós que xa temos procedimentado a forma de traballar basándonos na prevención e coidado , a medición das constantes é algo que seguimos a facer 3 veces ó día nos servizos residenciais e tamén ampliamos o pasado día 8 ós Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Ribadeo, día no que abriron para a atención grupal.
Teño que destacar a ilusión e optimismo dos nosos usuarios ante a nova normalidade, ante os reencontros cos seus compañeiros e co persoal que día a día loitamos por mellorar a súa calidade de vida.
Dende hoxe, por tanto, ademáis de seguir prestando os nosos servizos de forma telemática , e tamén presencial, preservando a saúde dos nosos técnicos, colaboradores , usuarios e familiares , adoptando as medidas de protección necesarias, mantendo as distancias de seguridade e extremando os protocolos de limpeza e desinfección diaria , estamos a traballar nunha futura planificación en onde haxa cabida para un ocio e tempo de lecer acorde á “nova normalidade”, xa que iso repercutirá positivamente na autoestima e estabilidade clínica dos nosos usuarios.
A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña foi fundada en 1999 por familias afectadas por problemas de saúde mental que uniron os seus esforzos para loitar por un obxectivo común: lograr que aos enfermos mentais e ás súas familias se lles preste unha axuda e asistencia continuada, buscando a súa integración na sociedade e traballando, para iso, na súa rehabilitación. Actualmente conta con Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral en Burela e en Ribadeo, un piso protexido en Burela, a Unidade Residencial de Cervo e unha vivenda para mulleres con enfermidade mental vítimas de violencia de xénero. Forma parte, xunto a outras 14 asociacións galegas, da federación Saúde Mental FEAFES Galicia.

Exit mobile version