A empresa, naqueles intres Alúmina/Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construir vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias.
Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido, con extraños… pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta nova situación lles proporcionaba, colexio, instalacións deportivas e clube social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares, eventos como campionatos de fútbol sala, tenis, baloncesto, e tamén actividades teatrais, desfiles, festas do Magosto, San Xoán…
Aquí naceu a primeira Cabalgata de Reis do Concello, o primeiro grupo de Baile Rexional (raíces do actual “Saíñas”) e catro edicións do festival da Canción Galega (precursora do Festival do Landro).
Así foi formándose a idea de crear oficialmente, dez anos máis tarde, a Asociación de Mulleres Bolboretas, como elas din, a primeira Asociación da Provincia que englobaba todo tipo de mulleres, sen excepción, mulleres do rural, mulleres urbanas, mulleres amas de casa, mulleres traballadoras…; outro punto a destacar é que estaba aberta a toda a Comarca, non só a Urbanización, nin ao Concello, xa que dende os seus comezos conta con afiliadas de toda a Mariña. Actualmente sobre medio cento.
Estos trinta anos da asociación deron lugar a un amplo currículum de diferentes actividades, que continúan na actualidade.
As Bolboretas poñen ao alcance das súas socias diferentes actividades de entretenemento e ocio, viaxes culturais, cursos formativos, charlas sobre saúde, consumo, violencia de xénero, nutrición. Todo isto ademáis de realizar actividades sociais para a comunidade.
O Concello de Xove aproveita este Aniversario para facer esta pequena homenaxe e comunicar públicamente que está profundamente agradecido coas Mulleres Bolboretas que, desinteresadamente, levan cosendo mascarillas dende o comezo do Estado de Alarma xerado pola alerta sanitaria do Covid-19.