O compromiso de Porto de Celeiro non se esgota na doazón de pescada que se realiza con carácter diario, senón que en colaboración coa Confraría de Porto de Celeiro, que doou xarda para o mesmo fin, cedeu as súas instalacións para a súa conservación. O consumo de peixe fresco declarouse como alimento fundamental para manter hábitos saudables cos que enfrontarse á enfermidade e o confinamento, as súas propiedades nutricionais garanten o consumo de proteína, a ausencia de graxa, e elementos fundamentais como o zinc e o omega 3 que axudan ao noso sistema inmune.
A empresa manifestou a intención de seguir realizando esta acción solidaria durante o tempo que sexa necesario e mostra o seu compromiso #ante os axentes sociais e a súa contorna de forma incondicional. Non é a única acción solidaria de Porto de Celeiro, a doazón de produto e a colaboración en especie, son parte fundamental da súa Responsabilidade Social Corporativa. Unha colaboración que puidemos comprobar en múltiples eventos como a Festa da Pescada de Celeiro, a feira gastronómica Xantar, diferentes showcookings ou o evento solidario de Negreira a favor de Cáritas.