Burela, a 17 de maio de 2020.- O Grupo Municipal Popular de Burela mantivo unha reunión por videoconferencia coa presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia na que abordaron a actual situación política do municipio.
Os populares acordaron traballar dende diversos ámbitos co obxectivo de “ofrecer solucións a cuestións de vital importancia para Burela”. Así se manifesta o voceiro popular no municipio, Manuel Rouco, quen trasladou a Elena Candia a súa preocupación polas dificultades dos tecido socioeconómico da vila debido á realidade que deixa o Covid-19 e á falta de medidas por parte do goberno local. Neste senso, Rouco avanzou a celebración de encontros informativos con diversos colectivos da vila para escoitar as necesidades que non son cubertas dende o Concello e, polo tanto, darlles traslado ante o goberno burelés.
Reactivación económica
Rouco puxo en valor as distintas iniciativas de apoio ao tecido empresarial e comercial que ten impulsado a Xunta de Galicia de cara á súa reactivación “en tempo e forma”. Pola contra, o goberno burelés do PSOE anunciaba mes e medio despois de que o Grupo Municipal Popular rexistrara unha proposta de medidas concretas “e de calado” en beneficio do tecido socioeconómico “sen explicar a procedencia dos cartos que o alcalde di que dirixirá o Concello a este fin”.
Instrumentos para atender as demandas de liquidez
A presidenta do Partido Popular da provincia, Elena Candia, recordou, pola súa banda, que o Goberno galego ten instrumentos para atender as demandas de liquidez tanto para os traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego, como para os traballadores autónomos e a pequenas e medianas empresas que son, precisamente, as que constitúen a maioría do tecido empresarial de Burela. A este respecto, citou como exemplos a liña de préstamos bonificando o 100% dos intereses, o aprazamento das cotas de amortización e intereses dos préstamos formalizados co Igape ou a guía informativa sobre medidas preventivas recomendadas fronte ao coronavirus.