Mondoñedo, 09 de maio de 2020.- Os próximos días 12, martes, e 13, mércores, desenvolverase a segunda parte do Workshop Mondoñedo Virtual, dirixido por Felipe Debasa e Roberto Reigosa, enfocado a loitar contra o despoboamento nos tempos do coronavirus a partir dos bens culturais e o patrimonio, as smart cities, o entorno rural e a tecnoloxía. Estas videoconferencias efectuaranse por medio da plataforma Zoom e serán retransmitidas pola canle de Youtube de The Mondoñedo Valley e tamén a través da páxina de Facebook do Concello de Mondoñedo. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Mondoñedo Valley Covid-19, para a loita contra o despoboamento, un proxecto encargado polo Concello de Mondoñedo á Universidad Rey Juan Carlos, dirixido polo profesor Felipe Debasa.
O martes, ás 12.00 horas está prevista a presentación na que participarán o alcalde, Manuel Otero; Alberto García Fernández, concelleiro de Tecnoloxía de Mondoñedo; Elena Candia, tenente de alcalde; Arturo de las Heras, presidente do grupo CEF-UDIMA, e Francisco Cal Pardo, presidente da Asociación de Ingenieros Industriales de Madrid.
Segundo se recolle no programa, ás 12.10 comezará a sesión sobre Patrimonio cultural e histórico. Intervirán Abel Vigo, doutor en Historia e Arqueoloxía, arqueólogo do Concello de Mondoñedo, que falará de Orígenes del poblamiento de la ciudad de Mondoñedo. De la Edad del Hierro a la plena Edad Media; de los castros a la construcción de la catedral.
Nesta mesma sesión participará Roberto Reigosa, historiador da Arte, que falará sobre La plaza de Mondoñedo, evolución de un espacio civil desde su origen en las fuentes hasta su transformación romántica. Pola súa parte, Javier Gómez Darriba, doutorando en Historia da Arte, na USC, abordará o tema Mondoñedo en el siglo XVIII. La renovación urbana de una ciudad episcopal.
Polo seu lado, Pedro Díaz Fernández, deán da catedral de Mondoñedo, falará de Mondoñedo y el siglo XX: cambios, evolución y futuro de una ciudad secular.
Para as 17.30 horas está prevista a intervención de Pau Roca, director xeral da Organización Internacional da Viña e do Viño, París, que falará de El vino patrimonio cultural de los agricultores y del territorio.
A terceira sesión comezará as 18.30 e estará dedicada a Smart cities, emprendimiento, economía naranja y empoderamiento de la mujer. Lucha contra la despoblación. Participarán Ana Landeta, directora xeral do grupo CEF-UDIMA, Eliana Bejarano, emprendedora; Xiaojing Hou, da Universidad Rey Juan Carlos, e Sara Núñez, da Universidad Rey Juan Carlos.
O mércores, día 13, ás 18.00 horas tratarase sobre Tecnología en la lucha contra la despoblación. Intervirán Francisco Cal Pardo, presidente da Asociación de Ingenieros Industriales de Madrid; Salvador Bellver, profesor da Universidad de Valencia; Felipe Debasa, profesor da Universidad Rey Juan Carlos e José Ramón Saura, da URJC.
Para as 19.30 está programada a clausura, a cargo de Gonzalo Ortíz Díaz Tortosa, experto en Asia.
É de lembrar que este proxecto, na súa primeira parte, logrou posicionar a Mondoñedo e os seus produtos típicos na rede de internet gracias á creación dunha web en cinco idiomas (galego, castelán, francés, inglés e chino), así como a posta en marcha unha plataforma web de venda on line que tanto éxito acadou neste período de estado de alarma e confinamento.
Para universitarios, o período de inscricións xa está aberto e concederase 0,4 créditos ECTS para estudantes da URJC por asistir.