Viveiro, 02 de maio de 2020. Vivimos un momento excepcional, momento que dende as Administracións Públicas ten que ter unha resposta decidida, firme e o máis rápida posible.
A situación derivada da crise sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19, obriga a tomar decisións excepcionais a todos os niveis, co obxectivo de minimizar o impacto social e económico no ámbito de actuación do Concello de Viveiro.
O Concello de Viveiro ten a obriga en primeiro lugar, e dentro das súas competencias, de velar pola saúde e benestar das persoas que habitan no noso Municipio. Por isto, debe ser unha prioridade absoluta o reforzo económico da partida de emerxencia social, co obxectivo de cubrir as necesidades básicas de todas as persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.
En segundo lugar, o Concello de Viveiro, dentro das súas competencias, ten a obriga de preservar a economía local. O Estado de Alarma e o Decreto correspondente provocaron o peche de miles de negocios en todo o Estado. En Viveiro, foron centos os autónomos e empresas que se viron na obriga de pechar os seus negocios e suspender a súa actividade, coas conseguintes perdas económicas para eles e todos os traballadores que se atopan ao seu cargo. A gran maioría de autónomos con traballadores e empresas acolléronse a ERTE’s, que nun principio deberían de ser garantía de mantemento dos postos de traballo, así como dos salarios durante a vixencia do Estado de Alarma e proceso posterior.
Esta situación excepcional, supón un duro golpe para unha economía local, que se atopaba en situación de constante crecemento, unha vez parecía superada a dura crise do 2008. Co comercio e a hostalería en situación de peche, son moitos negocios que están pasando e pasarán por enormes dificultades económicas e de viabilidade. Centos de postos de traballo están en risco de desaparición se dende as Administracións Públicas non se actúa contundencia e determinación necesaria.
As previsións do Goberno de España, prevén a anulación de moitas das actividades festivas, culturais e deportivas con aglomeracións de persoas durante un período de tempo aínda por confirmar. Ademais da redución de gastos das actividades xa suspendidas, e moitos derivados da habitual actividade do Concello agora paralizada.
Ante esta situación o Goberno Municipal aprobará uns ORZAMENTOS ANUAIS DE EMERXENCIA, destinando todos os recursos posibles a manter a economía do noso Concello na mellor das situacións posibles dentro das nosas posibilidades económicas.
Así dentro dos Orzamentos Municipais de Emerxencia, estableceremos ademais un PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA.
Este plan ten por obxecto, garantir a atención a todas as familias en situación de vulnerabilidade e intentar paliar o golpe económico a centos de autónomos, traballadores e empresas do noso Concello, intentando garantir a súa continuidade así como a de todos os postos de traballo existentes na actualidade, nos sectores máis afectados polo obrigado peche, nesta crise sanitaria.
O citada plan que contará cunha dotación orzamentaria aproximada de 500.000,00€ contará coas seguintes medidas:
PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA
Dotación económica: 500.000,00€
1. Aprobación dos ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA no mes de maio.
2. Incremento da partida económica para Emerxencia Social.
Como garantía de atender a todas as familias en situación de vulnerabilidade. Dotación económica: 30.000,00€
3. Axudas a autónomos en situación de cese de actividade.
Abono das 3 primeiras cotas de autónomo dende o reinicio da actividade.
Por importe da cota mínima de 283,31€.
Co obxecto de manter os postos de traballo e reactivar a economía local, concederase unha axuda a todos os autónomos do municipio en situación de cese de actividade. Crearanse unhas bases xustificativas para a obtención da axuda.
Dotación económica: 400.000,00€
4. Incremento das axudas directas ás Asociacións de Comerciantes para a realización de campañas de activación do comercio local, así como para a dotación de plataformas de venta online.
Dotación económica total: 15.000,00€
5. Campañas de activación do comercio propias realizadas polo Concello de Viveiro, co fin de chegar aos restantes comercios e locais de hostalería, non incluídos nas asociacións.
Dotación económica: 15.000,00€
6. Bonificación da taxa por ocupación de vía pública de todas as Terrazas de Veladores do Concello de Viveiro, en solo municipal, ou abono de axuda directa para o pago da taxa, no caso de existir, por parte de outras administracións públicas.
Dotación económica: 40.000,00€
7. Suministro de medios de seguridade para a apertura dos locais.
Dotación de guantes, mascarillas, e geles para os locais, por imperativo legal, así o precisen.
8. Anulación das taxas dos mercados, tanto da Praza Maior coma do Corte Inglés.
9. Facilidades de pago nos impostos municipais:
– Fraccionamento do cobro do IBI en 3 pagos espaciados no tempo.
– Atención individualizada en función da situación económica de cada contribuinte.
10. Manter o servizo de impresión escolar para persoas en situación de vulnerabilidade durante o curso 2020-2021.
11. Campaña de incremento do VOLUNTARIADO MUNICIPAL. Voluntarios dos que botar man, en caso de necesidades presentes ou futuras, de atención a persoas en situación de vulnerabilidade.
María Loureiro García Bernardo Fraga Galdo
Alcaldesa de Viveiro Portavoz Municipal de Por Viveiro