Viveiro, 5 de maio de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas dos requisitos establecidos para poder solicitar os créditos do Estado para o pago de débedas de aluguer motivadas polo Covid-19.
Poderán solicitar estes créditos os arrendatarios que se atopen en situación de vulnerabilidade económica como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionado polo Covid-19 sempre que reúnan de forma conxunta os seguintes requisitos:
1. Que o arrendatario ou algún dos membros da unidade familiar se atope afectado por:
a. Pasar a estar en situación de desemprego.
b. Estar afectado por un ERTE.
c. Reducir a súa xornada por motivo de coidados.
d. Cesamento de actividade dos traballadores por conta propia ou por outras circunstancias sobrevindas vinculadas á actividade laboral ou empresarial que impliquen dita reducción de ingresos como consecuencia do COVID-19.
2. Que o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude de axuda, non alcance o límite de cinco veces o IPREM (2.689,2 € en total).
3. A suma do pago do aluguer e os suministros básicos (electricidade, gas, gasoil para calefacción, auga corrente, comunicación fixa e móvil e pagos á comunidade de propietarios debe supoñer, polo menos, o 35€ dos ingresos.
A prazo para formular as solicitudes é ata o 30 de setembro de 2020. A contía a financiar será a correspondente ao custe do aluguer e, como máximo, 900 €/mes; o prazo máximo a financiar será de 6 mensualidades dende o 1 de abril de 2020.
O prazo de devolución será, xeralmente, en seis anos sen intereses. Se se demostra situación de vulnerabilidade, pouco antes dos tres anos poderase pedir ampliación por outros catro anos.