Viveiro, 21 de maio de 2020. O Concello de Viveiro informa a todos os veciños e veciñas de que, un ano máis, o municipio acollerá as probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), grazas ao convenio que o concello asinará coa Comisión Interuniversitaria de Galicia, por importe de 12.640,15 euros.
As probas ABAU terán lugar nas instalacións do IES Vilar Ponte. Neste centro examinaranse os alumnos de bacharelato que cursan os seus estudos nos seguintes centros: IES de Ortigueira, IES Dionisio Gamallo Fierros, IES Vilar Ponte, IES de Foz, IES Monte Castelo, IES Porta da Auga, IES Marqués de Sargadelos, IES Perdouro e IES María Sarmiento.
A convocatoria ordinaria terá lugar no mes de xullo e a extraordinaria celebrarase en setembro.