O alcalde, Fran Cajoto, explica que “despois dos traballos feitos na parroquia de Santa Cilla, concretamente no barrio de Chao, o Concello está procedendo agora ao aglomerado do vial Río-O Carme, cunha lonxitude de 2.300 metros, en Xinzo, na parroquia de San Martiño. É unha vía moi importante, que utilizan un gran número de veciños de San Martiño e Vilaronte. Adicionalmente ao proxecto contemplado, dispuxéronse sinalización vertical, dous badéns intermedios, como elementos disuasorios para reducir a velocidade dos vehículos, e o pintado das bandas laterais. Esta nova sinalización incluíuse no proxecto de licitación como melloras do ofertante.
O rexedor municipal engade que “a continuación realizaranse os aglomerados proxectados nas parroquias de Fazouro, Nois e Cangas, onde se rematou a limpeza de cunetas e tubaxes. O Concello de Foz roga que se circule con precaución durante a realización das obras e lamenta as molestias que se ocasionen”.