Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello burelés recomenda aos peóns que circulen pola dereita nas beirarrúas e no paseo marítimo

 Burela, 9 de maio de 2020. O Concello burelés recomenda circular pola dereita nas beirarrúas e no paseo marítimo para evitar o contacto entre persoas e a propagación do Covid-19.
Segundo anunciou o alcalde, Alfredo Llano, na cartelería que se está a colocar en diferentes localizacións de Burela “recomendamos que polas beirarrúas a xente camiñe pola da dereita do sentido á súa marcha sempre que sexa posible, así evitaremos cruzarnos. E o mesmo no paseo marítimo. Recomendamos circular sempre pola dereita, e se dúas familias se cruzan deben facelo nunha única fila cada unha para favorecer a distancia de 2 metros”.
Desde o Concello de Burela tamén lembran algunhas recomendacións da OMS como “esa necesidade de manter unha distancia de 2 metros con outras persoas, evitar as reunións masivas e tamén evitar tocar a outras persoas. A distancia social frea a posibilidade do propagar o coronavirus, o que nos permitirá usar os recursos naquelas persoas que os precisan”. E insisten na necesidade de lavar as mans e de usar mascarilla.

Exit mobile version