A formación nacionalista promove, como proposta do goberno provincial, unha moción de apoio ás traballadoras e traballadores da factoría de Alcoa San Cibrao e, especialmente, ao persoal das empresas auxiliares afectadas por Ertes tras a decisión da alumineira de suspender as tarefas de rebrascaxe das cubas de electrolise.
Os grupos do executivo provincial pedirán o apoio do Partido Popular para a aprobación por unanimidade do texto, que recolle as reivindicacións que a Plataforma de empresas auxiliares -que aglutina preto dun milleiro de traballadores – trasladou a todos os grupos políticos.
A moción propón rexeitar a medida anunciada pola multinacional de non rebrascar as cubar, manifestar o apoio da institución provincial ao persoal afectado polos Ertes nas empresas auxiliares, solicitar a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque unha solución para que non paren as cubas, así coma para que ningún traballador de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo, e solicitar a intervención do Goberno do Estado para que a multinacional non deixe morrer a nosa factoría e non se perda ningún posto de traballo.
O BNG tamén defenderá unha moción sobre a elaboración dun plan galego de reactivación económica e a dispoñibiliade de uso dos recursos económicos das administracións locais. A proposta urxe á Xunta de Galiza á implementar medidas e axudas dirixidas á recuperación económica do país, atendendo ás competencias que lle son propias, e reclama ao goberno do Estado a derrogar a Lei de estababilidade e sostenibilidade financieira para ampliar a capacidade financieira de concellos e deputacións.