A portavoz municipal do BNG, Míriam Bermúdez, atendendo ao estado de alarma declarado por mor da crise da Covid19 que estamos a vivir, insistiu na necesidade de crear canto antes a Comisión Técnica Pública-Privada para plantexar, estudar e propoñer as medidas de orde económico, fiscal e social que se estimen precisas para afrontar as consecuencias da crise sanitaria e minimizar os efectos negativos que sobre a economía local, as empresas, comercio, autónomos, profesionais e no emprego se están a producir e se prevén. Unha comisión que debera estar composta polos técnicxs responsábeis das áreas de Facenda, Intervención, Tesourería e Secretaría do concello, Portavoceirxs da corporación e Representantes dos sectores produtivos afectados. “Este tipo de comisións xa se estan a levar a cabo noutras administracións públicas e concellos, onde constituíron unha mesa de traballo virtual con diferentes sectores económicos da cidade para coordinar a extratexia de dinamización económica”, explica Bermúdez, ”o lóxico é crear este tipo de comisións ante unha situación como a actual. Cremos que é necesario que o Concello sume esforzos co tecido produtivo e social de Viveiro co obxectivo de anticiparse e paliar, na medida do posíbel, os efectos do impacto que xa está a arrastrar esta crise provocada polo coronavirus.”
Ante a pasividade da alcadesa de Viveiro e do seu equipo de goberno, farémolas estás reunións desde o BNG, por videoconferencia aberta a todo aquel que se queira unir, onde a portavoz do BNG Míriam Bermúdez, escoitará cada unha das propostas que lle trasladen para as incorporar no documento que están a elaborar e presentalas cando se debatan en pleno os orzamentos do 2020.