O Goberno do PP na Xunta tén que deixar de mirar para outro lado
Desde o BNG , e según afirmou a súa responsable comarcal Ana Ermida, que en días pasados mantivo unha reunión telemática coa Plataforma de Auxiliares así coma co comité de empresa de Alcoa na que tamén participaron Olalla Rodil e Ana Pontón, “a actitude do PP na Xunta negándose a reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas tal como dixo o conselleiro Conde, amosa claramente a nula preocupación desta xente pola delicada situación que se está a vivir na Mariña, donde o desemprego avanza e sen que desde a Xunta se adopte ningunha medida ou solución dedicándose únicamente a botarlle as culpas ao goberno central”.
Apoio do BNG ás reivindicacións en todos os concellos
Atendendo as reivindicacións da Plataforma Coordinadora de Traballador@s de Auxiliares, o BNG fai súa as súas demandas e por eso os grupos municipais do BNG instarán aos plenos dos concellos da comarca a que neles se traten e aproben as propostas que esta Plataforma vén de trasladar a todos os grupos políticos e nas que piden a adopción das seguintes medidas:
– Rexeitar a medida anunciada pola multinacional de non rebrascar as cubas
– Apoio institucional @s 50 traballador@s afectados que entran xa en Erte
– Solicitar a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque uha solución para que non paren as cubas, así coma para que ningún traballador de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo.
– Solicitar do Goberno do Estado a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a nosa factoría e non se perda ningún posto de traballo.
O BNG trasladará tamén estas demandas ao Pleno da Deputación
A deputada provincial mariñá Mónica Freire tamén se pronunciou ao respecto manifestando a súa preocupación polo que está a acontecer na factoría de San Cibrao, e o perigo que para a comarca supón a perda de emprego nese importante enclave industrial cuxa activdade vén supoñendo un terzo do PIB da provincia, pero que nesta situación de crise polo Covid19 pode supoñer agora realmente un 50% ao estar parada a maioría da actividade economica na provincia.
“Levaremos estas demandas ao Pleno da Deputación agardando que o apoio a est@s traballador@s sexa unánime”, afirmou.