A Mariña, martes 26 de maio 2020. Nestes momentos de preocupación e incerteza a respecto do que está acontecendo na factoría de Alcoa en San Cibrao, o BNG amosa o seu apoio e solidaridade a todos os traballadores e traballadoras da fábrica e mais a todos os que desenvolven a súa labor nas empresas auxiliares. “Desde o Bng non descansaremos na nosa loita cóbado con cóbado cos traballadores e con toda a comarca da Mariña que ve con preocupación esta situación, coa inacción do Psoe no goberno de Estado e do PP no goberno da Xunta diante deste problema que se nos vén enriba e que se leva arrastrando desde tempo atrás” manifestou a responsable comarcal Ana Ermida”.
Incumplimentos de Psoe e PP: estatuto das electrointensivas, mesas de negociación e seguimento na Xunta e no Goberno do Estado, tarifa eléctrica galega…
Ermida fixo fincapé nas iniciativas que a formación nacionalista levou a todas as institucións despois dos encontros e conversas mantidos por cargos institucionais do Bng cos representantes dos traballadores, tanto da propia Alcoa, coma das empresas auxiliares; encontros nos que o Bng recolleu as principais demandas: estatuto das electrointensivas, mesa de seguimento desde o goberno do estado e os grupos do Congreso dos Deputados, mesa de negociación con presenza da Xunta, Alcoa e comité de empresa, tarifa eléctrica galega…
“A actitude do PP na Xunta negándose a reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas tal como en días pasados dixo o conselleiro Conde, amosa claramente a nula preocupación desta xente pola delicada situación que se está a vivir na Mariña, donde o desemprego avanza e sen que desde a Xunta se adopte ningunha medida ou solución dedicándose únicamente a botarlle as culpas ao goberno central”, conclúiu a portavoz nacionalista.
Proposta aprobada no Pleno da Deputación de hoxe para dirixirse ao Goberno Central e á Xunta
A deputada nacionalista mariñá, Mónica Freire defendeu unha proposta no pleno celebrado hoxe na Deputación de Lugo, sendo aprobada por unanimidade de todos os grupos e na que se acordou amosar o rexeitamento á medida anunciada por Alcoa de non rebrascar as cubas, polas consecuencias directas que no emprego que supón, dirixirse á Xunta de Galicia para solicitar a súa mediación para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque unha solución para que non paren as cubas, así como para que ningún traballador/a de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo, e por último dirixirse ao Goberno Central para solicitar a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a factoría de San Cibrao e recupere o 100% da actividade, evitando a destrucción de postos de traballo.