Arredor dunha trintena de postos agroalimentarios participaron na cita. O rexedor dixo que “o mercado nesta nova ubicación vaise animando pouco a pouco, tanto por parte dos vendedores como dos veciños e das veciñas de Burela que se achegaron ata alí a facer as súas compras”.