28 de maio do 2020, hai tres meses ninguén podería prever que sería o día máis quente do que vai de ano, que estaríamos a sair de casa tras de dous meses confinados, que morrerían boa parte dos nosos maiores por mor dun virus que seica xa andaba facendo das súas, e que Alcoa ía convocar unha xuntanza co comité de empresa na que non se negociaría nada do novo convenio.
O que sí era previsíbel era que chegara o lobo, levaba un tempo oubeando, deixando o rastro pola contorna, viánse as pegadas e cheirábase o seu arrecendo.
Os movementos levados a cabo pola empresa nos últimos tempos estaban avisando; paralizáronse as inversións en proxectos de capitalización, os cartos de mantemento das instalacións reducidos ó minímo, abandono dos pláns a medio plazo para a continuidade das instalacións, …
Foi un día quente, Alcoa decidiu elevar a temperatura anunciando por un lado o comezo dun proceso de extinción de máis de cincocentos empregos na pranta de aluminio, segundo a empresa sen que ninguna decisión estea ainda pechada, pero por outro lado avisando que sexa cal sexa a resolución do estatuto das empresas electrointensivas, non vai ser aceptábel de cara a garantir a continuidade do proceso productivo.
O lobo ensinou os dentes, e ven aprendido, imos ter que pelexar moito e berrar ben forte para que o pastor non nos deixe sós nesta loita e poidamos ter todas as ferramentas na nosa man para loitar na defensa dos postos de traballo na mariña, e non só dos máis de cincocentos alcoáns, se non de outros tantos empregados das empresas auxiliares que xa comezaron a sentir os dentes no seu pelexo, ánimo para tod@s, que o lobo está aquí pero aínda non sabe con quen deu.
Oscar Lara. Membro do Comité de Empresa de Alcoa e de Por Viveiro.