Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega adianta que os taxistas e os placeiros da Praza de Abastos veranse tamén beneficiados da colaboración de Acisa e a Xunta

 Ribadeo, a 13 de maio de 2020. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, adianta que os taxistas e os placeiros da Praza de Abastos veranse tamén beneficiados da colaboración de Acisa e a Xunta de Galicia que xa permitiu que os comerciantes da vila recibisen 4.300 máscaras para afrontar a apertura dos seus negocios.

Dita asociación xa está a repartir este material de protección individual, que non só dá seguridade aos traballadores dos distintos establecementos, senón tamén aos cidadáns que se achegan a eles para facer as súas compras.

“Quixemos colaborar e sumar. Traballamos con moito empeño para que estes EPIs que tanto reivindicaba ACISA chegasen”, apunta Vega. E é que este traballo conxunto foi posible grazas ás xestións levadas a cabo polo popular.

A este respecto, “e co fin de ser o máis útil posible, porque así o esixe o momento actual”, o voceiro deste Grupo Municipal lembra a todos aqueles autónomos que non sexan socios, pero que estean interesados neste material, que se poñan en contacto coa Asociación que llelo fará chegar sen ningún problema.

O popular sostén que, dentro desta colaboración institucional, “seguirán traballando para todos e para dotar de material e de fondos económicos a todo Ribadeo para que a volta á normalidade sexa o menos traumática posible”.

Máis apoio da Xunta
No día de onte, o Goberno galego tamén informou de que financiará a adquisición de 3.900 mamparas de protección para vehículos de turismo de transporte de pasaxeiros en toda Galicia e trasladou que, para inxectar liquidez no sector, neste mes de maio estará resolto o 75% das axudas á adquisición de taxis de baixas emisións adaptados á mobilidade reducida, sumando 138 axudas por importe de 700.000 euros.

Exit mobile version